remoer

< re- + moer
  1. v t Mastigar os ruminantes por segunda vez o alimento que volve do estómago á boca. Tm abs.
  2. v t Mastigar moito unha cousa.
  3. v t fig Pensar moito en algo.
  4. v t Moer de novo ou moer moito.
  5. v t Rosmar polo baixo.
  6. v i Mover o carro ou outro vehículo de lado e sen avanzar para cambiar de dirección.

Sinónimos

Citas

  • As vacas remoeron herba toda a mañá, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O boi non remoe
  • Remoe o café que quedou moi grande
  • Remóeo ben que senón vaiche facer mal.
  • Remoeu o asunto durante todo o día