remediar

< lat remediāre ‘curar’
  1. v t Facer que algo daniño ou prexudicial deixe de existir ou perda intensidade.
  2. v t Impedir que se produza un dano ou prexuízo.
  3. v t MED Aplicar un remedio para sandar un mal ou unha enfermidade.

Citas

  • A situación remediouse por si mesma
  • A única maneira de remedialo é dispoñer dos medios necesarios
  • O médico remediou a dor cunhas pastillas
  • Remediou o anoxo cun regalo