relixión

< lat religiōne
Plural: relixións
  1. s f RELIX Conxunto de dogmas ou doutrinas, de crenzas, costumes ou ritos, de actitudes e sentimentos e de maneiras de comportamento que vinculan a unha persoa ou a un grupo humano con aquilo que se recoñece como sagrado, misterioso ou transcendente, e que a miúdo se identifica con Deus ou co divino.
  2. RELIX
    1. s f irtude que move ao home a darlle a Deus o culto debido.
    2. p ext Conxunto de principios e practicas dirixidos a cumprir ferventemente un ideal, unha institución.
  3. s f RELIX Orde ou instituto relixioso.

Refráns

  • A misa, que a diga o crego.
  • Cando non o dan os campos, non o teñen os santos.
  • Día de Corpus, miña comadre, pásache o touporroutou pola "calle".
  • Nas confradías non faltan ás veces as picardías.
  • Nin fagas porfía nin entres en confradía.
  • O sermón, o sábalo e o salmón na Coresma teñen sazón; despois, non.
  • Por oír misa e dar cebada, nunca se perdeu a xomada.
  • ¡Aí vén a santa Mariña coa súa regazadiña!