relicto -ta

Plural: relictos Masculino: relicto Masculino plural: relictos Feminino: relicta Feminino plural: relictas
  1. adx BIOL Aplícase ás especies vexetais que, tendo nun pasado unha ampla distribución, aparecen nun momento dado como poboacións localizadas e pequenas.
  2. adx XEOL Aplícase aos solos de orixe antiga que resistiron a erosión e que poden constituír a rocha nai dos solos actuais.
  3. s m PALEONT Taxon que perdura, moito despois da súa desaparición xeral en todas partes, en rexións moi limitadas.
  4. s m ECOL Especie paleoendémica que ocupa restos dunha área primitiva máis extensa ou que habita nunha zona pequena afastada da área principal.

Palabras veciñas