relativo -va

< lat relatīvu
Plural: relativos Masculino: relativo Masculino plural: relativos Feminino: relativa Feminino plural: relativas
  1. adx Que fai referencia ou relación a algo ou a alguén.
  2. adx Que cómpre comparalo con algo para ser definido.
  3. adx Que é parcial ou non completo.
  4. adx MÚS Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, coas súas tónicas situadas a unha distancia de terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.
  5. adx LING Que introduce unha cláusula subordinada onde realiza unha función sintáctica, referíndose á vez a un antecedente. Tm s m, referido a pronome.