teoría da relatividadeFÍSConxunto de postulados e formulismos que establecen que a masa dun corpo aumenta progresivamente coa súa velocidade e, cando o corpo acada a velocidade da luz, a masa é tan grande que non pode soportar ningunha aceleración máis. Establece que todo movemento é relativo e que a masa se pode converter totalmente en enerxía, e viceversa.
Refráns
Algúns caen para que outros se ergan.
auen o seu mal tena por moito, cóntello a outro.
Cada cal sente o frío como anda vestido.
Cada un di da feira como lle vai nela.
Cada un fala da feira segundo lle foi nela.
Cada un ten o frío como ten o vestido.
Cegos e mancos, todos somos sans no Camiño de Santiago.
Debaixo da manta o mesmo é a preta cá branca.
Hai diferencia do que se ve a ollo ao que se ve por anteollo.
Leva o teo fillo ao concello: e uns diranche que é branco e outros que é negro.
Non hai feira mala: o que un perde outro gaña.
Non hai mal en que non haxa ben.
Non hai mal que non teña peor.
Non se está nunca tan ben que non se poida estar mellór, mn tan mal que non se poida estar peor.
O ano que é bo para a serra non é bo para a ribeira.
Ó escarabello os seus fillos parécenlle ouro fino.
O home que incha, se é mozo, sana; se é vello, na cova rincha.
O que aproveita a unha cousa, prexudica ás veces a outras.
O que é bo para o fígado é malo para o bazo.
O que non queiras para ti non o queiras para min / para ninguén.
Para que uns vivan é mester que outros morran.
Quen fai a casa na praza, uns dirán que é boa e outros dirán que é mala.
Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte.
Tras de tempos veñen tempos, que o mundo dá moitas voltas.