regular

< lat regulāre
Plural: regulares
  1. adx Que se realiza conforme a unha regra, unha lei ou unha norma establecida.
  2. adx Que se fai, comporta ou funciona co mesmo ritmo ou fecuencia.
  3. adx Que non mostra cambios importantes.
  4. adx Que non se afasta do habitual.
  5. adx Que non é nin bo nin malo. Tm adv.
  6. adx LING Que se axusta a un paradigma.
  7. adx RELIX
    1. Aplícase ao sacerdote ou conxunto de presbíteros que pertencen ás ordes relixiosas. Tm s, referido a persoa.
    2. Aplícase ás observancias que son regra nunha orde relixiosa.
  8. adx BOT actinomorfo.
  9. adx MAT
    1. Aplícase á figura en que todos os elementos da mesma categoría son iguais entre eles.
    2. Aplícase aos puntos da gráfica dunha función en que esta é derivable e a derivada é continua.
  10. adx BÉL Aplícase aos soldados de orixe magrebí que estaban ás ordes de oficiais españois. Creáronse en 1911 e disolvéronse en 1956.
  11. sistema regular FÍS sistema cúbico.
  12. tropas regulares BÉL Tropas que pertencen ao exército permanente.