regresión

< lat regressĭōne
Plural: regresións
  1. s f Acción de volver cara a atrás.
  2. s f BIOL olta dun tecido, dun órgano, dun síntoma ou dun fenómeno a un estadio anterior da súa evolución ontoxénica.
  3. s f MAT Estudo da mellor aproximación dunha variable estatística y a partir dunha familia dada de variables estatísticas x 1 ,...,x n , mediante combinacións lineais do tipo a 1 x 1 +...+a n x n +b, buscando os denominados coeficientes de regresión a 1 , a 2 ,..., a n , b, tales que fagan mínima a distancia ao cadrado d 2 (y, a 1 x 1 +...+a n x n +b).
  4. s f ESTRATIG Retracción ou contracción da área cuberta polo mar con relación ás terras emerxidas.
  5. s f PAT Remisión dunha enfermidade.
  6. s f PSIC/PSIQ Proceso inconsciente mediante o que o individuo volve a unha etapa anterior do seu desenvolvemento, como medio de defensa ante unha frustración.
  7. s f LING Creación dun termo a partir doutro que se considera erroneamente como derivado.
  8. regresión filial XEN Lei enunciada por Francis Galton onde establecía unha correlación entre os caracteres cuantitativos dos pais e os da súa descendencia, como medida hereditaria.  

Sinónimos

Palabras veciñas