regalía

< lat regāle ‘rexio’
Plural: regalías
  1. s f HIST
    1. Prerrogativa que corresponde ao soberano nos seus dominios.
    2. Cada un dos dereitos que os soberanos europeos dos ss XVII e XVIII foron adquirindo en asuntos eclesiásticos grazas á política do regalismo.
  2. s f Privilexio eclesiástico outorgado pola Santa Sé a un soberano.
  3. s f Privilexio ou excepción privativa ou particular que ten alguén nalgunha cousa.