refracción

< lat refractiōne
Plural: refraccións
  1. s f FÍS Modificación da traxectoria dun raio ou da fronte dunha onda cando atravesa unha superficie que delimita dous medios diferentes.
  2. FÍS
    1. índice de refracción Número adimensional n=c/v, onde c é a velocidade da luz no baleiro, e v a velocidade da luz nun medio material considerado.
    2. refracción dobre birrefrinxencia.
  3. índice de refracción ALIM Parámetro utilizado en análise de alimentos empregado para a valoración da concentración de solucións de azucres (xaropes) e a identificación de graxas.
  4. refracción astronómica ASTRON Refracción que sofren os raios luminosos dos astros ao atravesar a atmosfera.