reforma

< reformar
Plural: reformas
  1. s f Acción e efecto de reformar ou reformarse.
  2. s f RELIX
    1. Mitigación dunha regra relixiosa excesivamente ríxida.
    2. Restablecemento da antiga ou primitiva observancia.
  3. s f HIST/RELIX Conxunto de cambios profundos, na vida da sociedade e da Igrexa, debidos á acción lexítima dos poderes constituídos, do papa, dos concilios, ou que responden a unha necesidade de cambio orixinada antes na base.
  4. recurso de reforma DER Demanda dirixida ao xuíz de instrución, nun proceso penal, con vista a reexaminar e revogar unha resolución.
  5. reforma económica ECON Expresión aplicada ao proceso polo que os estados excomunistas de Europa pasaron dunha economía de planificación central a outra de mercado concorrencial.
  6. reforma fiscal ECON/POLÍT Modificación profunda do marco e contido das leis tributarias.