referencial

< referencia
Plural: referenciais
  1. adx Relativo ou pertencente á referencia.
  2. adx Que serve como referencia.
  3. s m MAT Conxunto formado por un punto dun espazo afín e unha base do espazo vectorial asociado.
  4. s m FÍS Conxunto formado por un sistema de coordenadas espaciais e un reloxo, cos que un observador pode caracterizar cada suceso polas súas coordenadas (x, y, z) e polo instante t en que sucede. OBS: Tamén se denomina sistema de referencia.