sfPESCAAparello de pesca, constituído por un tecido con nós finos que forman un retículo cadrado ou romboidal, que se emprega para pescar.
sfTecido feito con diversos materiais que se entrelaza ao xeito do aparello de pesca e que ten diversos usos.
sfConxunto de elementos ou instalacións que se comunican e entrelazan entre si.
sfZOOLEntrecruzamento que presentan certas estruturas anatómicas como as fibras, os nervios ou os vasos.
rede cristalina /XEOL/FÍSEstrutura interna que presentan certas substancias, con forma de rede tridimensional e na que os nós son ocupados polos átomos.
rede de difracciónFÍSSuperficie transparente ou reflectora na que se grava un conxunto de estrías ou trazos rectilíneos, idénticos, paralelos e equidistantes, que se emprega xeralmente como sistema dispersor de radiación policromática.
rede hidrográficaXEOGConxunto de cursos de auga xerarquizados que inclúe os ríos, os seus afluentes e os tributarios destes.
rede localINFORMRede informática que permite a conexión sen liñas telefónicas de varios ordenadores e terminais da rede pública.
sfGrupo de persoas dunha organización que levan a cabo algunha acción, xeralmente secreta ou ilegal.
sfArgucia con que se pretende enganar a alguén.
rede xeodésicaXEOGEstrutura básica na que se apoian os levantamentos cartográficos dun territorio.