recristalización

< re- + cristalización
Plural: recristalizacións
  1. s f XEOL Formación dunha nova cristalización no seo dunha rocha.
  2. s f IND Proceso de formación de novos cristais, iniciado nalgúns puntos dun metal ou dunha aliaxe deformada en frío.
  3. s f QUÍM Método de purificación de compostos cristalinos que consiste na disolución destes en solventes apropiados quentes, para que, ao arrefriar, resulte unha forma cristalina máis pura.