recombinación

< re- + combinación
Plural: recombinacións
  1. s f Acción e efecto de recombinar ou recombinarse.
  2. s f XEN Mecanismo mediante o que os xenes situados en diferentes cromosomas homólogos pasan a formar parte do mesmo cromosoma como resultado do entrecruzamento da profase meiótica.
  3. s f XEN/MICROB Proceso polo que un segmento de ADN cromosómico bacteriano doador se converte en parte do xenoma dunha bacteria receptora.