sfANTROP/CULTIntercambio de bens ou obxectos de valor, para establecer ou reforzar as relacións entre persoas sen que conte expresamente o valor económico ou o feito de chegar a un equilibrio entre os bens intercambiados.
sfDER
Situación, nas obrigas bilaterais, en que os dous contratantes teñen a mesma calidade de creditor e debedor.
Dereito de igualdade e de mutuo respecto entre os estados.
Refráns
A demo, demo e medio.
A pillo, pillo e medio.
A quen lle negaches algo, nada lle pidas.
A ruín, ruín e medio.
A un ruín, outro ruín.
Coa vara que midas serás medido.
Como che faga o teu compadre, faille.
Como midas, hante medir.
Dáme e dareiche.
Golpe que se leva, mal se pode volver.
Man por man, coma o pardal.
Man por man, como pailán.
Mans que tomades ¿por que non dades?
Non hai costa sen val nin val sen costa.
Ó que dá de balde, darlle.
Obra saca obra.
Onde as dan, as toman.
Por iso che fago, para que me fagas, porque non es Deus que me vallas.
Unha boa obra págase con outra.
Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara.
Xa que a auga non vai ao muíño, vaia o muíño á auga.