receptáculo

< lat receptacŭlu
Plural: receptáculos
  1. s m Cavidade que serve para recibir e conter algunha cousa.
  2. s m BOT
    1. Parte terminal do pedúnculo do capítulo, sobre a que se insiren as flores e as brácteas.
    2. tálamo.
    3. Base ensanchada que sostén esporanxios, gametanxios e outras estruturas.
  3. receptáculo seminal ZOOL espermateca.