razón

< lat ratĭōne
Plural: razóns
  1. s f Facultade de razoar ou de discorrer pola intelixencia.
  2. s f Acerto ou certeza no que se di ou fai.
  3. s f Argumento válido ou xusto para dicir ou facer unha cousa.
  4. s f Cousa que determina unha acción ou a existencia de algo.
  5. s f Información ou explicación dunha cousa.
  6. s f Aviso que se lle notifica a alguén para que o transmita a outra persoa.
  7. MAT
    1. s f Cociente entre dúas cantidades.
    2. s f Diferenza constante que hai, nunha progresión aritmética, entre dous termos consecutivos.
    3. s f Cociente constante que hai, nunha progresión xeométrica, entre dous termos consecutivos.
    4. razón de semellanza Razón entre as lonxitudes dos elementos correspondentes de dúas figuras xeométricas semellantes.
  8. razón social DER Firma ou denominación oficial dunha empresa.

Refráns

  • A mala razón deixa a roupa sá e esgaza o corazón.
  • A razón do máis forte é sempre a mellor razón.
  • A razón moito pode.
  • A razón non quere forza Iporque a ten de sobra.
  • A razón non quere forza nin a forza quere razón.
  • A razón non ten máis ca un camiño.
  • A razón patea e a razón porfía.
  • A razón ten moita forza.
  • As boas razóns cautivan os corazóns.
  • Di a túa razón e non digas o autor.
  • Di que tiveches razón e non digas quen cha dou.
  • Onde está a razón, ela mesma é o galardón.
  • Onde vexas a razón, alí está o galardón.
  • Para a razÓn sobra o galardón.
  • Razóns gañan corazóns.

Palabras veciñas