rato

< lat v *rattu, probablemente voz onomatopeica
Plural: ratos
  1. ANIMAL
    1. s m Roedor da familia dos múridos, de pequeno tamaño e coa cola longa, dos xéneros Apodemus, Galemys, Mus e Micromys.
    2. rato caseiro [Mus musculus] Roedor, da familia dos múridos, que ten o pelame pardo grisáceo, o fociño agudo, os ollos negros e pequenos e a cola anelada e escamosa.
    3. rato de almiscre auganeira.
    4. rato de campo [Apodemus sylvaticus] Roedor, da familia dos múridos que presenta o pelame pardo amarelento no dorso e o ventre branco grisáceo.
    5. rato espigueiro [Micromys minutus] Roedor da familia dos múridos, que ten a cola prénsil, e o pelame pardo no dorso e claro no ventre.
  2. s m INFORM Dispositivo de diálogo que permite localizar un punto sobre a pantalla dun visualizador e actuar sobre el.
  3. ANIMAL/ICT
    1. s m Peixe teleósteo, dos xéneros Nezumia, Trachyrhynchus e Coelorhynchus, que se caracteriza por presentar o corpo e o fociño moi alongados.
    2. rato chato [Malacocephalus laevis] Peixe que presenta o corpo gris ou acastañado, de pequeno tamaño e descendente en altura, a cabeza e a boca grande cunha barbela, o fociño curto e un órgano luminoso.
  4. rato de mar ANIMAL Anélido poliqueto errante, da familia dos afrodítidos, que presenta o corpo ovado, e o dorso cuberto de serras curtas e finas.

Refráns

  • Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.
  • O rato da casa un día ou outro se caza.
  • O rato que non sabe máis dun furado cóllese axiña, se está tapado.
  • ¡Ratos, arriba!: que todo o branco é fariña.

Palabras veciñas