raíz

< lat radīce
Plural: raíces
  1. s f BOT Órgano das plantas superiores, de simetría radiada, sen follas, e provisto de elementos condutores, especializado na fixación da planta e na absorción de auga e de substancias químicas disoltas nela.
  2. s f ZOOL
    1. Fascículo de fibras nerviosas que forma parte dun tronco nervioso.
    2. Parte dunha formación anatómica que se implanta nun tecido.
  3. s f Causa e orixe dunha cousa.
  4. s f LING Elemento etimolóxico dunha palabra que constitúe o núcleo dunha familia de vocábulos e indica o significado fundamental destes.
  5. MAT
    1. raíz dunha ecuación alor da cantidade descoñecida que resolve unha ecuación. OBS: Tamén se denomina solución ou cero da ecuación.
    2. s f Cantidade x que, tomada como factor de certo número de veces n, dá como produto unha cantidade determinada a. Exprésase como x = n?— a, onde a é o subradicando, x a raíz e n o índice. Esta expresión equivale a xn = a.

Palabras veciñas