apoloxía

< gr ἀ πολογία ‘defensa, xustificación’
Plural: apoloxías
  1. s f Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.
  2. s f FILOS/RELIX Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as negue coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.
  3. apoloxía do delito DER Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución.