ración

< lat ratiōne ‘medida, porción’
Plural: racións
  1. s f
    1. Porción de alimento que se dá cada vez a unha persoa ou a un animal.
    2. Conxunto de alimentos que inxire diariamente un individuo normal para satisfacer as súas necesidades enerxéticas, vitamínicas e proteicas.
    3. Cantidade de algo establecida como suficiente para un fin e por un período de tempo.
  2. s f DER/RELIX/HIST porción.