química

< gr χυμικ ή , fem de χυμικός
Plural: químicas
  1. s f QUÍM Ciencia que estuda a composición, a estrutura e as propiedades dos diferentes tipos de substancias, así como as súas transformacións recíprocas.
  2. química analítica QUÍM Rama da química que comprende o conxunto de coñecementos teóricos que constitúen o fundamento da análise química.
  3. química biolóxica BIOQ bioquímica.
  4. química física QUÍM/FÍS Rama da química que estuda desde unha perspectiva física, os fenómenos químicos ou de interese para a química.
  5. química inorgánica QUÍM Parte da química que estuda as propiedades, os métodos de preparación e as transformacións dos elementos químicos e os compostos inorgánicos.
  6. química orgánica QUÍM Rama da química que estuda as propiedades, esteroquímica, estrutura e síntese dos compostos complexos de carbono.