quilópodo -da

< 2 quilo- + -podo
Plural: quilópodos Masculino: quilópodo Masculino plural: quilópodos Feminino: quilópoda Feminino plural: quilópodas
  1. adx Relativo ou pertencente aos quilópodos.
  2. s m ANIMAL Miriápodo da clase dos quilópodos.
  3. s m pl ANIMAL Clase de miriápodos que comprende individuos co corpo alongado, estreito, segmentados e cunha parella de apéndices rematados nunha uña en cada segmento.