que

< lat quid
  1. conx Introduce unha oración subordinada que cumpre unha función dentro da principal.
  2. conx Introduce unha oración disxuntiva.
  3. conx Introduce a causa das oracións causais.
  4. conx Introduce o efecto das oracións consecutivas.
  5. conx Introduce, despois da preposición de, o segundo termo da comparación.
  6. conx Forma parte de locucións conxuntivas e perífrases.
  7. conx Reforza unha afirmación ou unha negación.

Citas

  • Compra o pan, que eu non teño tempo
  • Faino de xeito que se poida ver ben, Deulles unha propina para que tomasen café
  • Gasta máis do que gaña
  • Gustaríame que viñeras comigo, Preferiría que tiveses falado
  • Que non, que non quero!
  • Queiras que non, halo comer
  • Tanto mo pediu que case me convence

Palabras veciñas