púrpura

< lat purpŭra
Plural: púrpuras
  1. adx Que é de cor vermella escura tirando a violeta. Tm s m, referido a cor.
  2. s f QUÍM Materia colorante vermella que antigamente se extraía da cuncha da púrpura. OBS: Tamén se denomina púrpura de Tiro.
  3. s f ANIMAL Molusco gasterópodo mariño, dos xéneros <i>Murex e Purpura</i>, da familia dos murícidos, que presenta unha cuncha grosa e ovada de cor vermella e que carece de opérculo.
  4. s f
    1. HIST Banda purpúrea que os romanos superpoñían á túnica e que indicaba a pertenza á orde senatorial ou á orde ecuestre.
    2. HIST/RELIX estido de cor púrpura que era prerrogativa dos emperadores bizantinos e actualmente dos cardeais.
  5. s f PAT Enfermidade que se manifesta por unha erupción espontánea de manchas hemorráxicas na pel cun signo predominante e que se debe a trastornos da fase vascular ou da coagulación.