punteiro

< punta
Plural: punteiros
  1. s m Barra de ferro terminada en punta que se utiliza para furar, picar ou facer marcas.
  2. s m MÚS Parte da gaita na que se produce a melodía ao modificar o son da palleta mediante uns furados que se corresponden coas notas da escala melódica.
  3. s m Pau longo ou vara que se utiliza para sinalar.
  4. s m Agulla do reloxo.

Confrontacións