pulga

< lat *pulĭca, de pulĭce
Plural: pulgas
  1. s f ANIMAL/ENTOM Insecto, da orde dos sifonápteros, de pequenas dimensións, corpo comprimido, sen ás, con aparato bucal picador-zugador e patas longas, que vive como ectoparasito temporal dos vertebrados homotermos (aves e mamíferos), aos que zuga o sangue.
  2. ANIMAL
    1. pulga de area [Talitrus saltator] Crustáceo anfípodo, da familia dos gammáridos, que viven nas praias, baixo as materias vexetais, e na area húmida.
    2. pulga de auga Crustáceo do xénero Daphnia, da familia dos dáfnidos, co corpo protexido por unha cuncha que deixa libre a rexión cefálica, e que habita en augas doces.

Refráns

  • A pulga que matan á unlla, espérea o seu home na lúa.
  • A pulga que vai á orella co diaño se aconsella.