público -ca

< lat publĭcu
Plural: públicos Masculino: público Masculino plural: públicos Feminino: pública Feminino plural: públicas
  1. adx Que é visto, sabido ou coñecido por todos.
  2. adx Que pertence á colectividade ou está relacionada con ela.
  3. adx Que pode ser usado por todo o mundo.
    1. adx Relativo ou pertencente ao estado ou á súa administración.
    2. sector público Ámbito da actividade económica que controla o estado, ou no que participa, xa sexa directamente ou mediante instancias públicas pospostas.
  4. adx Aplícase a unha persoa que é coñecida por todos polas actividades ás que se dedica.
  5. s m
    1. Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo ou que participan en determinados actos.
    2. Conxunto de persoas que teñen unha afección común.
  6. pública honestidade RELIX Impedimento dirimente do matrimonio canónico que ten lugar entre o home e os consanguíneos da muller coa que conviviu en matrimonio inválido.

Citas

  • Ao rematar a función saudaron o público
  • As listas de admitidos están expostas ao público no taboleiro de anuncios
  • Convocaron unhas oposicións para a administración pública
  • É un personaxe público que sae nas revistas do corazón
  • Era unha fundación de interese público, Non figura o prezo de venda ao público
  • O parque era de uso público
  • Pensaba que ninguén o sabía, pero xa era algo público