psicoloxía

< psico- + -loxía
Plural: psicoloxías
  1. PSIC
    1. s f Ciencia que estuda a constitución anímica ou vital e o comportamento dos animais e do home.
    2. s f Ciencia que estuda a constitución, o comportamento e os estados de consciencia da persoa, considerada individualmente ou ao mesmo tempo, como un membro dun grupo social.
    3. psicoloxía animal Ciencia que estuda a natureza e o comportamento específico dos animais.
  2. s f PSIC
    1. Todo aquilo que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.
    2. Conxunto de trazos psíquicos, de carácter e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.