proxección

< lat proiectĭōne
Plural: proxeccións
  1. s f Acción e efecto de proxectar.
  2. XEOG
    1. s f Sistema de representación da superficie terreste sobre unha superficie plana.
    2. proxección cilíndrica Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un cilindro que envolve a Terra e o desenvolve para que apareza nun mapa plano.
    3. proxección conforme Proxección que mantén no mapa a forma real do representado sen presentar ningunha deformación angular.
    4. proxección cónica Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un cono e desenvolvelo posteriormente sobre un mapa plano.
    5. proxección de Mercator Proxección, derivada da proxección cilíndrica, en que as coordenadas dos puntos do mapa se obteñen a partir das coordenadas dos puntos do globo mediante unha certa transformación de coordenadas.
    6. proxección equidistante Proxección que conserva a relación entre as distancias pero non son conformes nin equivalentes.
    7. proxección equivalente Proxección que representa as áreas da superficie terrestre a escala relativa correcta aínda que con algunhas deformacións.
    8. proxección plana Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un plano.
    9. proxección Proxección en que o cilindro sobre o que se proxecta é tanxente ao globo por dous meridianos opostos, que forman o denominado meridiano central da proxección. OBS: Tamén se denomina proxección transversal de Mercator.
  3. s f MAT Sistema de representación empregado para obter sobre un plano a imaxe dos obxectos, de maneira que a cada punto da imaxe representada, denominada tamén proxección, corresponda un punto do obxecto.
  4. s f PSIQ Proceso defensivo inconsciente, en psicanálise.
  5. proxección demográfica DEMOG Cálculo probabilístico do futuro dunha poboación ou de parte dela, segundo unhas hipóteses.
  6. proxección estereográfica XEOL Método para representar en dúas dimensións a posición dun plano ou dunha liña que se sitúa en tres dimensións.