sfXEOG/ADMUnidade administrativa territorial de primeiro grao propia de moitos estados.
sfHISTTerritorio sometido á xurisdición dun maxistrado romano na Antiga Roma, que correspondía aos termos xenéricos de rexión, nación.
sfDER/RELIXConxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio e que dependen dun mesmo superior ou provincial.
provincia eclesiástica /DER/RELIXCircunscrición territorial máis ampla das circunscricións eclesiásticas, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, e administrada por un arcebispo ou metropolitano.
provincia relixiosaRELIXCircunscrición territorial propia de ordes e congregacións relixiosas, máis grandes ca as divisións administrativas dos estados.
sfECOLDivisión fitoxeográfica inferior á rexión, en que abundan os endemismos a escala de xénero e especie.
provincia petrolóxicaXEOLRexión natural onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, pola súa textura e estrutura, pola xénese, polas alteracións e por todo aquilo que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.