protocolo

< lat tardío protocollu gr ðñùô ό êïëëïí
Plural: protocolos
  1. s m DER Conxunto de documentos públicos que son incorporados cada ano, outorgados diante dun mesmo notario, con numeración estritamente correlativa e encadernados ao acabar o ano; despois de certo tempo pasan ao arquivo notarial.
  2. s m Acta ou caderno de actas referentes a un congreso ou acordo diplomático.
  3. s m DER Convención internacional entre dous ou máis países, asinada polos respectivos axentes diplomáticos pero sen a notificación solemne e definitiva dun tratado.
  4. s m Conxunto de normas de cortesía vixentes en calquera lugar.

Citas

  • En caso de emerxencia existe un protocolo para a evacuación