protestantismo

< protestar
Plural: protestantismos
  1. s m RELIX Relixión dos protestantes que xurdiu como un movemento reformador que tratou de restaurar a doutrina e as prácticas apostólicas. Valorou a predicación da palabra por enriba do sacramentalismo e as cerimonias litúrxicas, e impulsou a importancia da Biblia e da fe individual, restándolle importancia á autoridade do papa.
  2. protestantismo liberal RELIX Correntes teolóxicas protestantes encamiñadas a conciliar a teoloxía coas ideas liberais dos ss XVIII e XIX.