prótase

< gr πρότασις
Plural: prótases
  1. s f LING Proposición subordinada, dentro dunha oración composta, que é completada pola principal. Úsase sobre todo nas oracións condicionais para representar a proposición subordinada condicional, completada pola principal, chamada apódose.
  2. s f LIT Primeira parte dun drama ou poema narrativo, onde se expón o argumento.