ápice

< lat apĭce
Plural: ápices
  1. s m Extremo, punta dalgunha cousa.
  2. s m ZOOL/BOT Punta ou extremo dunha estrutura anatómica, como o peteiro das aves ou as follas dos vexetais.
  3. s m ASTRON Punto da esfera celeste cara onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar.
  4. s m ESCR Signo diacrítico posto sobre unha letra.
  5. ápice vexetativo BOT Extremidade do talo e da raíz, onde se localiza o meristema primordial.

Citas

  • Probei ese licor alcólico co ápice da lingua

Palabras veciñas