Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
propiedade
Escoitar
< lat propiĕtāte
Plural:
propiedades
s
f
Calidade de propio.
Calidade ou característica propia dunha cousa.
s
f
DER
Dereito de gozar e dispor dunha cousa, sen máis limitacións que as que están establecidas nas leis.
s
f
Cousa posuída, especialmente se é inmoble.
propiedade industrial
Dereito que ten o creador de procedementos, modelos ou debuxos industriais e o que o patenta para explotalos de forma exclusiva.
propiedade intelectual
Conxunto de facultades que a lei lle concede ao autor dunha obra, en canto ao poder exclusivo que ten sobre ela.
s
f
FILOS
Calidade que pode ser afirmada como propia de diversos suxeitos e predicada necesariamente deles.
Citas
A melisa ten propiedades medicinais, Estudan as propiedades físicas do granito
A obra é propiedade de autor, Tiña unha propiedade en Vilafranca
Debes falar con máis propiedade
Refráns
Á casa de moitos donos nunca lle faltan pingueiras.
A casa ten o que lle poñen.
A castaña que está no camiño é do veciño.
A mellor casa é a miña, anque sexa pequeniña.
A terra allea queima.
Ata que morre o arrieiro non se sabe de quen é a recua / de quen son as bestas.
Ben está o paxariño no seu niño.
Ben vai a vella na burra, cando é súa.
Burro de moitos cómeno os lobos.
Cada can lambe o seu.
Cada un na súa casa sabe o que ten.
Cada un pode facer da súa capa un saio.
Casa, a que vivas; terras, as que labres; viñas, as que plantes.
Casa, na que vivas; viña, da que bebas; rendas, as que poidas; terras, as que vexas.
Casas, cantas mores; viñas, cantas por ti podes.
Con diñeiro e facenda allea ninguén se deita con cea.
Cousa de moitos cómena os lobos.
Cousa de moitos lévana os diaños.
Cunea de moitos, ben lambida e mal lavada.
Eira ou cociña sempre a miña.
Lareira, como sexa; pero o mellor é tela.
Máis vale acea parada que muiñeiro amigo.
Máis vale fume da miña cheminea que fume da allea.
Máis vale teño un ichavo, que empréstame un carto.
Máis vale ter que cobizar.
Mellor é meu que teu.
Na casa allea o que ben se está, ben se estea.
Na miña terra o meu haber me honra, na terra de afora abóname a roupa.
Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono.
O poldro, antes teu que de outro.
O que é do común, é de todos e non é de ningún.
O que está no camiño é do veciño.
O que serve ao común non serve a ningún.
O que traballa a súa terra nunca terá moita perda.
Obra de un, obra de ningún.
Ovella de moitos cómena os lobos.
Pan alleo pouco engorda.
Pan de panadeira e viño de taberna nin farta nin goberna.
Para o bo varón as terras como as súas.
Parceiría, coa muller; e, ás veces, inda hai que se ver.
Quen pequena leira ten, a pasos a mide.
Quen serve ao común, non serve a ningún.
Quen ten terra, ten sol.
Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os doutros.
Se queres telo, teno.
Tanto vales, canto tes.
Tanto vales, como tes; se non tes máis ca cen reás, non máis de cen valerás.
Ten de teu e fai por ter, que tarde ou cedo ao teu has de volver.
Torto ou dereito, a nosa casa ata o teito.
Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida.
Val quen ten -din as campás de Toén.
Vale máis fume da miña casiña que lume da veciña.
Vale máis ser arrieiro dunha besta que criado dunha recua.
Vale máis ter libros de conta, que conta de libros.
Formas incorrectas
finca
Palabras veciñas
propiciar
propiciatorio -ra
propicio -cia
propiedade
propietario -ria
propilenglicol
propileno