promoción

< lat promotĭōne
Plural: promocións
  1. s f Acción e efecto de promover.
  2. s f Conxunto de actividades que se realizan para prestixiar un produto e aumentar as súas vendas.
  3. s f Ascenso dunha persoa a un grao académico ou a unha dignidade superior.
  4. s f Conxunto de persoas que obteñen un emprego ou un título académico ao mesmo tempo.
  5. s f DEP Competición entre varios equipos ou deportistas para conseguir a súa clasificación nunha categoría determinada.