smExposición, oral ou escrita, dos obxectivos ou intencións que se perseguen por parte dunha persoa, dun partido político ou doutra organización.
sm
Serie ordenada das distintas partes dun acto ou espectáculo.
Elenco dos espectáculos, emisións de radio ou televisión, que se presentan nun momento ou período determinado ou en relación a unha iniciativa determinada.
Escrito ou impreso explicativo dun acto ou espectáculo.
smCada unha das partes independentes que se emite pola radio ou a televisión e que forma parte da programación dese medio de comunicación.
smConxunto de temas que constitúen a materia dun curso ou exame.
INFORM
smConxunto de instrucións codificadas e datos que se introducen nun ordenador para a resolución dun problema determinado.
sm p extsoftware.
programa de diagnosePrograma que serve para localizar fallos do equipo ou erros humanos presentes nun programa.
programa de servizoPrograma, normalmente integrado no sistema operativo, que facilita unha parte das tarefas a outros programas.
música de programaMÚSMúsica inspirada en elementos non musicais, como argumentos literarios, temas pictóricos ou fenómenos da natureza.