produción

< lat productĭōne
Plural: producións
  1. s f Acción de producir.
  2. s f Cousa ou conxunto de cousas producidas.
  3. ECOL
    1. s f Biomasa que produce un organismo, unha poboación ou unha comunidade.
    2. produción primaria Proceso que realizan os vexetais mediante a fotosíntese, onde obteñen compostos orgánicos a partir de dióxido de carbono e auga.
    3. produción secundaria Proceso que ocorre cando os organismos animais empregan os vexetais como alimento e transforman unha pequena parte en substancia animal.
  4. ECON
    1. s f Conxunto de actividades para obter bens que satisfagan as necesidades humanas.
    2. teoría da produción Configuración dun marco analítico que permite explicar e prever o comportamento das unidades económicas produtivas.
  5. produción de pares FÍS Fenómeno que se produce ao interaccionar un feixe de raios γ coa materia, que consiste na creación dun electrón e un positrón.

Formas incorrectas

producción