procurador -ra

< lat procuratōre
Plural: procuradores Masculino: procurador Masculino plural: procuradores Feminino: procuradora Feminino plural: procuradoras
  1. s Persoa que obra en representación e co poder legal doutro.
  2. s Persoa que representa a outra nun xuízo.
  3. s RELIX Persoa que se encarga dos asuntos económicos en certas comunidades e congregacións relixiosas.
  4. s m HIST Representante das vilas na Corte en Castela-León, durante a Baixa Idade Media.
  5. procurador da fe DER/RELIX Crego que efectúa as funcións civís ante o tribunal da Rota Romana.
  6. procurador de oficio DER Persoa designada por quenda e nomeada polo colexio de procuradores, que representa nos xuízos civís os litigantes e nas causas penais os querelantes.
  7. procurador nas Cortes POLÍT/HIST Deputado nas Cortes en España, a partir do Estatuto Real de 1834 ata a Lei de Reforma Política de 1977.
  8. procurador xeral
    1. HIST Representante do monarca en todos os seus negocios.
    2. DER Fiscal xeral dun estado ou do máximo tribunal xurídico que exerce as funcións do ministerio público.
    3. RELIX Relixioso que se encarga dos intereses xerais da propia orde.