proclorófito -ta

< lat científico Prochloron
Plural: proclorófitos Masculino: proclorófito Masculino plural: proclorófitos Feminino: proclorófita Feminino plural: proclorófitas
  1. adx Relativo ou pertencente ás proclorófitas.
  2. s f PROTISTA Alga da división das proclorófitas.
  3. s f pl PROTISTA División de algas procariotas que presenta unha organización semellante á das cianofíceas pero cunha dotación de pigmentos próxima á das clorofíceas e as plantas superiores.