proceso

< lat processu
Plural: procesos
  1. s m proceso cognoscitivo PSIC/PEDAG Serie de fases ou etapas sucesivas que constitúen un feito ou un fenómeno.
  2. s m Período de tempo que dura o desenvolvemento dunha cousa.
  3. DER
    1. s m Conxunto de actuacións e escritos xurisdicionais, postos polo estado a disposición dos particulares ou del mesmo, que poden ser civís, penais, administrativos ou laborais.
    2. proceso civil Conxunto de actuacións xudiciais en que se debaten intereses regulados por normas de dereito privado.
    3. proceso penal Conxunto de actuacións xudiciais encamiñadas a descubrir as causas que concorren na perpetración dun delito e determinar a culpabilidade dos participantes.
  4. s m INFORM Secuencia definida de operacións.
  5. s m PAT Evolución dunha serie de fenómenos ou lesións anatómicas relacionados cunha enfermidade.