probabilismo

< probabilidade
Plural: probabilismos
  1. s m FILOS Doutrina que nega a posibilidade de acadar a verdade e establece a opinión máis probable como a equivalente á certeza.
  2. s m RELIX Doutrina moral desenvolvida no s XVII, sobre todo polos xesuítas, que afirmaba que é posible seguir unha opinión probable en cuestións éticas aínda que exista outra opinión máis probable.