prisma

< lat prisma gr πρ ῐ σμα
Plural: prismas
  1. s m MAT Poliedro que ten dúas caras iguais e paralelas (bases), sendo as outras caras (caras laterais) paralelogramos.
  2. s m XEOL Forma cristalográfica que está constituída por unha serie de caras que se cortan paralelamente nunha soa dirección e están agrupadas ao seu redor.
  3. s m FÍS/IMAX Sistema óptico constituído por dous dioptros planos que delimitan un medio transparente que forman un ángulo non nulo, denominado ángulo do prisma, que desvía, descompón e reflicte os raios luminosos.
  4. prisma de acreción XEOL Superposición de láminas amoreadas fronte a unha placa disposta nunha zona de subdución.