primicia

< lat primitĭae
Plural: primicias
  1. s f Primeiro froito de algo, especialmente unha colleita. Tm fig.
  2. s f HIST Dereito de recibir os primeiros froitos da terra ou do gando que os fieis ofrecían a Deus na persoa dos ministros da Igrexa e que se mantivo ata 1837.
  3. s f Aquilo que se sabe por primeira vez e constitúe unha novidade.