pretorio

< lat praetoriu ‘tribunal do pretor’
Plural: pretorios
  1. s m HIST Espazo central do campamento romano reservado ao pretor ou comandante da milicia.
  2. s m HIST Lugar onde o pretor administraba xustiza.
  3. s m HIST Fortaleza situada na fronteira do Imperio Romano.
  4. s m HIST Residencia non urbana do emperador.
  5. s m HIST Pazo dos gobernadores das provincias romanas.