apéndice

< lat appendĭce
Plural: apéndices
  1. s m Parte accesoria unida a outra principal.
  2. ZOOL
    1. s m Proxección do corpo dun animal, que queda unida a unha parte máis robusta do corpo.
    2. apéndice vermiforme Apéndice intestinal da maioría dos primates e dos rilladores. Situado ao fondo do intestino cego, constitúe unha prolongación de forma tubular e sinuosa, pechada no seu extremo distal.
  3. s m BIBLIOG Parte que se engade ao final dunha obra.

Confrontacións

Citas

  • Engadiuse un apéndice ao libro que se publicou a semana pasada