preocupación

< lat preocupatĭōne
Plural: preocupacións
  1. s f Acción e efecto de preocupar ou preocuparse.
  2. s f Aquilo que preocupa.
  3. s f Inquedanza provocada por esa sensación.

Confrontacións

Refráns

  • Coidado alleo, colga dun pelo.
  • Dós alleos matan aos homes.
  • Moitas veces leva á casa o home cousa con que chore.
  • O que ten ansia, non dorme.
  • Onde está o dono, alí está o seu dó.
  • Onde estea o dono sempre estará todo.
  • Os dós con pan e viño son bos.
  • Quen dá pan, pon afán.
  • Quen me dá o pan dáme o afán.