prehistoria

< pre- + historia
Plural: prehistorias
  1. s f PREHIST
    1. Período histórico comprendido entre a aparición do home e a aparición dos primeiros textos escritos, que comprendeu os subperíodos Paleolítico (3000000 a C-10000 a C), Mesolítico e Neolítico (VIII-III milenio a C).
    2. Tempo anterior ao tempo histórico.
  2. s
    1. PREHIST Ciencia xurdida durante a primeira metade do s XIX que se ocupa do estudo da época e as sociedades prehistóricas.
    2. p ext Estudo da fase preliminar dunha institución, dunha actividade ou dunha ideoloxía.